Un 52% dos traballadores autónomos non dispón de equipamento informático

In: NovasTecnoloxias

24 May 2011
En 2010 existían no conxunto do Estado 3.126.792 profesionais inscritos no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA), case 92.000 menos que no mesmo período de 2009, continuando así a tendencia á baixa no volume deste colectivo, que xa se rexistrou tamén en 2008. Nesta situación,baixou o número de autónomos con equipamento informático en 2010 (48%) en catro puntos respecto ao ano anterior. O principal beneficio das TIC, declarado polos autónomos con equipamento informático, son as melloras na xestión(49%), claramente por diante do aumento da calidade do servizo aos clientes (12%) e o aumento da produtividade (12%). Un de cada catro autónomos informatizados (26%) non ten acceso a Internet, en tanto que a maioría (59%) ten conexión fixa, o 7% conexión móbil e o 7% ambos os dous tipos. Así mesmo, o 36% con acceso a Internet teñen tamén páxina web; destes, para o 36% a razón principal é captar clientes, seguido por facer publicidade (27%) e ofrecer información dos seus produtos (17%). (...) - Ver máis: http://www.usc.es/atpemes/Un-52-dos-traballadores-autonomos - Publicado por Aula TIC PEMEs da USC: http://www.usc.es/atpemes

Comment Form

Acerca de.

Las tecnologías de la información y la comunicación (TIC) son un conjunto de servicios, redes, software y dispositivos que tienen como fin la mejora de la calidad de vida de las personas dentro de un entorno, y que se integran a un sistema de información interconectado y complementario. Esta innovación servirá para romper las barreras que existen entre cada uno de ellos.