In: Innovación
13 Oct 2008A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza puxo en funcionamento esta semana unha nova páxina web para a publicación das estatísticas sobre a actividade das Comisións de Asistencia Xurídica Gratuíta. Esta nova iniciativa, levada a cabo pola Dirección Xeral de Xustiza, pode xa consultarse a través do sitio web da Consellería de Presidencia no apartado de Programa estatístico anual de Asistencia Xurídica Gratuíta que se inclúe no enlace da Dirección Xeral de Xustiza, ou pinchando directamente en
https://www.xunta.es:444/sxpa/AXGnet/estatisticasConsultaAXG.do
O obxectivo primordial desta nova iniciativa é a aposta por un modelo da Administración de Xustiza caracterizado pola transparencia e a información veraz e constante, un dos dereitos fundamentais da cidadanía. Así mesmo, o impulso que desde a Consellería de Presidencia se lle está a dar á administración electrónica fai máis accesible para os seus usuarios a obtención de información e o coñecemento da actuación do sector público autonómico.
O estudo sobre asistencia xurídica gratuíta é unha actividade incluída dentro do Plan galego de estatísticas 2007-2011 que pretende ampliar o contido da información publicada ao abeiro do plan estatístico anterior, correspondente ao período 2002-2006. A través desta nova web preséntanse os datos estatísticos correspondentes ás tres últimas anualidades.
Os datos que se poden consultar neste novo espazo web son as demandas de Asistencia Xurídica Gratuíta (AXG) en Galicia por provincias e xurisdicións; os recoñecementos e a denegacións do dereito a AXG en Galicia; os recoñecementos por xurisdicións; os recursos contra as resolucións das Comisións de AXG; as denegacións da AXG en Galicia por insustentabilidade da pretensión; e os recoñecementos en procesos ante as xurisdicións civís, penais, contencioso-administrativas e do social, todos eles desglosados por procedementos.
Estatística de AXG no 2007
A demanda de Asistencia Xurídica Gratuíta en Galicia durante o ano 2007 ascendeu a 31.245 solicitudes, das cales 10.815 se fixeron na provincia da Coruña; 2.217 na de Lugo; 3.3224 na de Ourense e 14.989 na de Pontevedra. Do total de solicitudes, 21.749 obtiveron unha resolución expresa favorable, o que supón practicamente o 70% dos casos; doutra banda, 7.955 solicitudes resultaron denegadas ao considerarse que o peticionario non acreditou unha insuficiencia de recursos para litigar.
Atendendo ao índice de litixiosidade nas diferentes ordes xurisdicionais, a que maior número de solicitudes recibiu foi a penal cun total de 22.463; seguida da civil con 6.561; a contencioso-administrativa con 599 e a social con 379. Ademais, existen 1.243 solicitudes máis que se inclúen no apartado “outros” ao tratarse de actuacións ante a xurisdición militar, procesos administrativos, etc.
Por último, en canto á división das resolucións favorables por xurisdicións e procedementos tamén é a penal a que máis resolucións recolle cun total de 15.583, fundamentalmente por procesos abreviados, dilixencias urxentes e xuízos rápidos. A esta séguelle a xurisdición civil, con 4.781 resolución (divorcios contenciosos, modificacións de medidas familiares, etc.); a contencioso-administrativa, con 510 e a social, con 207 casos.
Las tecnologías de la información y la comunicación (TIC) son un conjunto de servicios, redes, software y dispositivos que tienen como fin la mejora de la calidad de vida de las personas dentro de un entorno, y que se integran a un sistema de información interconectado y complementario. Esta innovación servirá para romper las barreras que existen entre cada uno de ellos.