Abalar xa conta cunha versión accesible

In: NovasTecnoloxias

2 Feb 2012
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén desenvolvendo, dende hai tempo, diversas actuacións en colaboración coa ONCE e Tadeg@ para mellorar a accesibilidade do equipamento distribuído aos centros, buscando unha resposta educativa válida que contemple a diversidade e respecte as necesidades de todo o alumnado. Ademais está a contar tamén coa colaboración de AGASOL, para o desenvolvemento de solucións baseadas en software libre. Como froito destas colaboracións, a Consellería vén de anunciar que xa está a disposición dos centros Abalar unha versión accesible para o equipamento distribuído entre o alumnado, deseñada para atender as necesidades específicas daquelas persoas con diversidade funcional. ABALAR accesible A maqueta Abalar accesible, igualmente que todo o software que se está a despregar no equipamento Abalar, está tamén integramente baseada en Software Libre. Así, partindo da maqueta común deseñada para os ultraportátiles e portátiles ABALAR, conta con todo o (...) - Ver máis: http://www.usc.es/atpemes/Abalar-xa-conta-cunha-version - Publicado por Aula TIC PEMEs da USC: http://www.usc.es/atpemes

Comment Form

Acerca de.

Las tecnologías de la información y la comunicación (TIC) son un conjunto de servicios, redes, software y dispositivos que tienen como fin la mejora de la calidad de vida de las personas dentro de un entorno, y que se integran a un sistema de información interconectado y complementario. Esta innovación servirá para romper las barreras que existen entre cada uno de ellos.