A Xunta activa ‘meteosix mobile’, unha aplicación coa que os cidadáns poderán consultar nos seus teléfonos móbiles a predición meteorolóxica para calquera lugar de Galicia

In: NovasTecnoloxias

2 Feb 2012
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de MeteoGalicia, vén de poñer en marcha unha aplicación para informarse das predicións meteorolóxicas en móbiles con sistema Android. Os usuarios poderán, así, consultar dende o seus dispositivos móbiles predicións para calquera lugar de Galicia á medida das súas necesidades. Neste proxecto, que entrará en funcionamento hoxe, tamén colaboraron o Grupo de Arquitectura de Computadores da Universidade da Coruña (UDC), o Laboratorio de Sistemas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). O sistema proporciona dúas vías de acceso á información. Por unha parte, no Android Market está dispoñible de balde a aplicación “MeteoSIX Mobile”, que ofrece aos usuarios a posibilidade de consultar e personalizar a predición para os seus lugares favoritos. A aplicación permite buscar sobre un mapa e tamén polo seu nome os lugares e entidades xeográficas sobre as que se desexa consultar a predición. (...) - Ver máis: http://www.usc.es/atpemes/A-Xunta-activa-meteosix-mobile - Publicado por Aula TIC PEMEs da USC: http://www.usc.es/atpemes

Comment Form

Acerca de.

Las tecnologías de la información y la comunicación (TIC) son un conjunto de servicios, redes, software y dispositivos que tienen como fin la mejora de la calidad de vida de las personas dentro de un entorno, y que se integran a un sistema de información interconectado y complementario. Esta innovación servirá para romper las barreras que existen entre cada uno de ellos.